Puigdemont non se dá por derrotado coa filtración das súas mensaxes
"Moncloa triunfa", recoñece o ex presidente catalán fuxido. O bloque independentista está dividido polo adiamento do pleno de investidura.
O adiamento do pleno de investidura en Cataluña provocou unha brecha no bloque independentista. Un desacordo que xa se escenificou o luns, cos 4 deputados da CUP entrando uns minutos ao hemiciclo á hora en que se prevía o pleno, en sinal de protesta. Pola súa banda, JxCat amagou con facelo e ERC nin o pensou, pechando filas así con Torrent.
Nos próximos días debería empezar a dilucidarse como o independentismo afronta a situación -este martes ERC falou duns "dez días" para atopar unha solución-.
Nesta liña, este martes filtráronse unhas mensaxes de móbil nas que Carles Puigdemont asegura que "Moncloa triunfa". "Isto rematou", di en referencia ao procés, para engadir: "os nosos sacrificáronnos, polo menos a min".
Con todo, o aínda candidato de JxCat saíu ao paso da filtración cunha mensaxe nas súas redes sociais na que recoñece que "hai momentos nos que tamén eu dubido", aínda que avisa de que non se "botará atrás". "Segimos!", proclama.
Escribe o teu comentario