Plataforma Anti-lindano da Louriña ve "falta de seguridade" nas catas do Porriño

Esixen a posta en marcha dun protocolo de atención sanitaria para toda a poboación exposta 


|


Lindano asfalto porrino

A Plataforma Anti-lindano da Louriña constatou "falta de seguridade e protección" nas catas realizadas no Porriño, tanto para os veciños como para o persoal que traballan nas mesmas.


"Colectores de terra ao descuberto, anacos de lindano en bolsas de plástico abertas encima dunha escavadora, falta de equipos de protección individual para os traballadores... Púxose en coñecemento do Seprona e taparon o colector", relatou a plataforma.


No mesmo comunicado, incidiu en que tanto os veciños de Contrasto como dos polígonos da Ribeira quéixanse "da situación de abandono" por parte do Concello e botan en falta que "a primeira Administración que debería mirar pola súa xente actúe descoordinadamente e oculte información".


"Esiximos a posta en marcha dun protocolo de atención sanitaria para toda a poboación exposta", demandou, consciente de que "hai varias zonas contaminadas" e de que "é necesario empezar a traballar inmediatamente con esta xente".


"Queremos que se poñan sobre a mesa os recursos precisos para facer efectivas as medidas aprobadas por unanimidade no Parlamento de Galicia esta mesma semana", remarcou.

relacionada ​Comeza a recollida de mostras para acoutar a presenza de lindano
relacionada ​As últimas análises non atopan lindano na auga do Porriño

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE