Comeza a recollida de mostras para acoutar a presenza de lindano
Ao longo da semana realizaranse ata 30 traballos de prospección no lugar de Contrasto, no Porriño.
Restos de lindano baixo o asfalto.
Os traballos de prospección e recollida de mostras no lugar do Contrasto, no Porriño, iniciáronse na mañá deste martes para concretar os puntos nos que o chan está contaminado por lindano e calcular o volume que hai que retirar desta substancia.
Segundo informaron a Europa Press fontes municipais, ao longo desta semana prevese realizar entre 25 e 30 catas. A Xunta comunicou a pasada semana que as mostras se van recoller en tres camiños do Contrasto "nos que hai evidencias claras da presenza do insecticida".
Estes labores "completarán o estudo preliminar encargado por Medio Ambiente a unha empresa especializada o pasado setembro". A dita análise preliminar constatou a presenza de lindano nesta zona e derivou no peche de varios pozos e fontes.
Escribe o teu comentario