​Sergio Álvarez renova por un ano con opción a outro

O porteiro e o club chegan a unha solución intermedia.


|

Mourinho sergio alvarezAo final, cederon as dúas partes. Foto: RC Celta


O Celta fixo oficial esta mañá a través da súa web a renovación de Sergio Álvarez,"un dos emblemas da canteira celeste", como sinala o club nun comunicado. O contrato do gardameta de Catoira finalizaba en xuño deste ano, pero seguirá vinculado polo menos a próxima tempada, tras asinar por un ano, con opción a outra campaña.


"Estou moi contento de poder estar aquí e de poder gozar do Celta", asegurou Sergio, que lle pedía ao club garantías de continuidade. A entidade celeste quería limitar o contrato a unha única tempada, pero finalmente chegaron a unha solución intermedia.


"Case é a miña primeira casa porque son moitos anos aquí, levo moitas cousas vividas e estou feliz e contento de poñer continuar neste proxecto tan bonito", declarou.

O canteirán destacou que "desde que estou aquí, o club foi crecendo e non deixou de facer cousas boas. Agora, a tentar estar de volta outra vez en Europa, que nos fai moita ilusión".


MÁIS DE 15 GOLES


Antes, Maxi Gómez pasou pola sala de prensa do Celta, onde atribuíu a súa adaptación ao vestiario e ao entendemento que logrou con Aspas no ataque celeste. Tamén a cambios na súa alimentación e a esixencia de adestramento do fútbol español.


"Oxalá sigamos así, metendo moitos goles", sinalou, para establecer o seu reto máis aló da quincena: "gustaríame pasar dos 15 goles".


relacionada Baile de porteiros na meta de Balaidos
relacionada ​Sergio quere renovar por máis dun ano e o Celta non cede

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE