Sergio quere renovar por máis dun ano e o Celta non cede
O propio Mouriño expresa que é a política do club. O presidente tamén recoñece a oferta chinesa por Maxi Gómez.
Queda un mes para a renovación. Foto: RC Celta
As negociacións para a renovación do contrato de Sergio Álvarez co Celta están a atoparse co obstáculo da "política" do club.
E é que o presidente celeste, Carlos Mouriño, confirmou que sobre a mesa está a oferta de renovación por un ano, costume no Celta para os xogadores que superan a trintena. "Se Sergio cre que vai render moitos anos, non lle custa nada renovar ano a ano", manifestou Mouriño.
O porteiro xa dixo que non a esa condición, a un mes de que sexa axente libre.
E tamén sobre o persoal, o mandatario confirmou a oferta chegada desde o fútbol chinés por Maxi Gómez, aínda que de momento limitouse a dicir que "a estamos estudando todas as partes". E é que o presidente expresou a satisfacción polo rendemento do dianteiro, polo que "nunca se sabe se será un bo negocio se se produce a venda".
Escribe o teu comentario