O Celta conquista de penalti a vitoria ante o Leganés
Os vigueses fixeron máis méritos e tiveron oportunidades de gol que non foron capaces de transformar.
Aspas non fallou o penalti. Fonte RC Celta.
Contra o Leganés, ao Celta faltoulle acerto para transformar en goles as ocasións desfrutadas durante o encontro e só puido anotar de penalti. Así, aínda que fixeron méritos para decidir o encontro, remataron sufrindo nos últimos minutos para manter o resultado.
Unha clara falta a Jonny dentro da área rival supuxo a pena máxima que, ao cabo, deu a vitoria aos vigueses. Iago Aspas foi o encargado de executar o penalti e, por undécima vez consecutiva en Primeira División, non o fallou.
O dominio celeste na segunda parte tampouco se transformou en tantos e o Leganés, que non baixou os brazos, pelexou o empate haste o final. Tivo dúas oportunidades, que non acabaron en premio.
O Celta enviou unha mensaxe de apoio a Eduardo Berizzo, diagnosticado de cancro de próstata, a través de videomarcadores. Ademais a afección dedicoulle unha sonora ovación no minuto 6.
FICHA TÉCNICA
1-CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Fontàs, Cabral, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.82), Wass, Sisto (Emre Mor, min.76), Iago Aspas, Maxi Gómez (Guidetti, min.69).
0-LEGANÉS: Cuéllar, Siovas (Tito, min.57), Raúl García, Zaldúa, Muñoz (Dos Santos, min.45), Brasanac (El Zhar, min.23), Gumbau, Erik Morán, Guerrero, Szymanowski, Amrabat.
Escribe o teu comentario