​Yolanda Díaz abre o debate sobre se unha muller debe liderar a candidatura de En Marea

Xulio Ferreiro ve "un 50% de posibilidades" de que sexa así e Villares remarca que defende dar presenza política ás mulleres.


|

Yolanda diaz medios

Yolanda Díaz descártase para esa responsabilidade. Foto: @Yolanda_Diaz_


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, considerou que existe "un 50% de posibilidades" de que unha muller lidere o proxecto de En Marea, as mesmas que, segundo dixo, ten un home, ao ser preguntado por esta posibilidade despois de que a deputada no Congreso Yolanda Díaz asegurase que lle "encantaría" que unha muller o fixese.


Preguntado polas manifestacións da deputada de En Marea, na rolda de prensa que ofreceu este luns o rexedor, lembrou que no caso do goberno local coruñés "a metade son mulleres".


"E a lista da Marea Atlántica é paritaria", incidiu, engadindo a colación que o seguirá "sendo" para as próximas eleccións municipais. Mentres, dixo que, no seu caso, gustaríalle que houbese máis mulleres "en postos de responsabilidade".


"Supoño que será un camiño lento", engadiu, e apuntou que as posibilidades de que sexa unha muller ou un home quen encabece no futuro un proxecto como En Marea están "ao 50%" tanto nun caso como no outro.


Por outra banda, Villares tamén foi cuestionado polas declaracións de Yolanda Díaz. O líder de En Marea remarca que un dos obxectivos da formación rupturista é "promover a presenza" das mulleres nos espazos de representación para buscar o "equilibrio de xénero, que é o único equilibrio social histórico aceptable".


DESCÁRTASE A SI MESMA


Nunha entrevista na Cadena Ser este domingo, a deputada de en Marea, preguntada pola elección de candidato en primarias, asegurou que sempre defende que "unha muller tome as rendas", "se algo está a cambiar é a revolución feminista, e as mulleres piden paso, non só por unha cota merecida, que hai que ter, senón pola outra forma de facer as cousas as mulleres, esoutra intelixencia da que están a privar a unha parte do sector público".


Con todo, quixo despexar dúbidas e descartouse para o cargo. "Yolanda Díaz está moi tranquilita facendo o que está a facer", aseverou, pero a continuación engadiu que En Marea dispón de mulleres "supervaliosas" para afrontar un reto "que non queda en San Caetano", senón que amplía ás alcaldías. "Luís Villares sabe que isto é un factor democrático de primeira magnitude", puntualizou.


relacionada Villares defende a 'marca' das 'mareas' para as municipais
relacionada Yolanda Díaz: "Estamos divididos pola metade e é difícil construír así"
relacionada Podemos Galicia recúa no "debate das siglas"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE