Fundación Aquae lanza 32 bolsas para realizar estudos na Escola da Auga

Consta do dobre de becas e un investimento de ata 33.000 euros


|


Escola  auga

Fonte: Escola da auga


Viaqua e a súa fundación, Fundación Aquae, dan a coñecer o seu novo programa de bolsas destinada á realización de estudos na Escola da auga durante 2018. Esta vez consta de 32 bolsas, o dobre que ao ano pasado a través de 33.000 euros de investimento, co fin de garantir unha adecuada formación a universitarios e profesionais sobre o sector da auga, o saneamento e o medioambiente.


Os principais beneficiarios das bolsas deben cumprir certos requisitos: asumir a título individual o custo íntegro da matrícula do máster, e ser titulado universitario ou acreditar a formación necesaria para o acceso a cada programa.


O programa de becas cobre o 50% do importe das matrículas e inclúen dúas categorías: 12 bolsas de máster de posgrao e 20 bolsas de módulos de posgrao. As 12 bolsas de máster e posgrao inclúen catro bolsas para realizar un Máster en Tecnoloxía e Xestión da auga; dúas bolsas para cada un dos seguintes posgraos: en Redes, en Abastecemento, en Xestión e Operación de Plantas de Tratamento de Augas, e en Saneamento de Augas Residuais. 

´

En canto ás 20 becas de módulos de posgrao, unha novidade formativa respecto ao pasado ano, inclúen cinco bolsas para cada un dos seguintes módulos de Posgrao: en Captación, en Depuración, en Redes e en Drenaxe. A totalidade do programa de bolsas conta co recoñecemento de créditos pola Universidade Politécnica de Cataluña e a Universidade Oberta de Catalunya.


Estas bolsas contan con dúas convocatorias: unha cuxo período de presentación de solicitudes finaliza o próximo día 12 de febreiro, e outra cuxo período de presentación de candidaturas manterase aberto entre xuño e mediados de setembro deste ano.


ESCOLA DA AUGA


A Escola da auga é unha institución creada por Suez para compartir e transferir coñecemento en materia de auga e medioambiente. A súa actividade diríxese tanto á formación para empresas, administracións e profesionais do mundo da auga como á cidadanía mediante campañas de sensibilización.


A Escola da auga ten vocación de presenza global para acompañar ao desenvolvemento sustentable do planeta e contribuír á consecución dos ODS. Para iso, en base a un modelo colaborativo no que se asocia con universidades e centros formativos de prestixio, consegue unir o coñecemento experto dos profesionais do Suez, con 150 anos de historia, co coñecemento dos axentes locais.

relacionada O IV Certame Literario de Viaqua acolle máis de 500 microrrelatos de escolares
relacionada Viaqua mellora as medidas de conciliación dos seus traballadores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE