​O artigo 155 seguirá en vigor ata que tome posesión sen "trampas" o novo presidente

Rajoy reitera a intención do Goberno de recorrer calquera intento de investir a Puigdemont a distancia.


|

Rajoy directivapp


Mariano Rajoy advertiu de que a aplicación do artigo 155 se manterá en vigor en Cataluña se Carles Puigdemont é elixido presidente estando fuxido en Bruxelas e non acode ao Parlament a tomar posesión do cargo, porque así o establece o acordo aprobado polo Senado.


"Seguirá en vigor ata que tome posesión o novo presidente", subliñou Rajoy na súa intervención ante a Xunta Directiva Nacional do PP, ante a que reiterou que o Goberno recorrerá calquera "sorte de trampa" para tentar unha investidura a Puigdemont a distancia.


Defendeu así a actuación do Goberno ante o problema catalán, aínda que admitiu que quizá non foi "boa" para o PP, que se viu castigado nas eleccións autonómicas do pasado 21 de decembro.


Le máis sobre a interveción de Rajoy en Pressdigital.

relacionada O Supremo impídelles aos líderes independentistas asistir aos plenos do parlamento catalán
relacionada Se Puigdemont se coa no Parlament para a investidura, será detido antes de votar
relacionada ERC e o PDeCAT non se poñen de acordo para unha investidura de Puigdemont a distancia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE