Chegan os cortos infantís de 'PequeFilmes' a Santiago de Compostela

A segunda edición deste festival adicado aos máis pequenos celebrarase na próxima fin de semana na Cidade da Cultura


|


Pequefilmes


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Cidade da Cultura e en colaboración con Agadi, impulsa a segunda edición do Festifal de cortos infantís ‘PequeFilmes', que proxectará máis dun centenar de cortos infantís nas instalación do Museo Centro Gaiás durante a fin de semena do 20 e o 21 de enero.


Os cortos, procedentes de 22 países, se distribuirán en 23 sesións que se completarán con talleres de creación e experimentación cinematográfica dirixidos aos máis pequenos.


Tras o éxito da primeira edición, na que acadaron os 1.500 participantes, as instalación do Museo Centro Gaiás amosarán nesta ocasión traballos premiados nos festivais de cine infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo, como ‘Annect’, ‘Chicago ICFF’, ‘animamundi, ‘Animafest’ ou ‘Clermont-Ferrand’, que serán valorados polos participantes.


Ademais, inclúense novidades por tramos de idades, como as seccións ‘Miñocas’, dirixida a nenos de entre 4 e 8 anos de idade, e ‘Fanecas’ de 9 a 13. Fora do concurso inclúese nesta edición ‘Vagalumes’ para o público de 0 a 3 anos.


A maiores destas tres seccións, ‘PequeFilmes’ tamén contará con outras tres de carácter gratuito, cuxos cortometraxes non figuran para as votacións do público. Trátase de ‘Cine en curso’, na que se proxectarán cortos realizados en colexios e institutos; ‘Pequeseries’ e ‘Carta Blanca Clermont-Ferrand’, con pezas cedidas por este prestixioso festival internacional a ‘PequeFilmes’. As entradas recolleranse no mesmo día da proxección no Museo Centro Gaiás.


PREMIOS DO PÚBLICO


O público poderá valorar as películas cortas despois do seu visionado, co obxectivo de que ó término do festival se concedan os premios correspondentes, en colaboración coa Agadic. Con esta participación, ‘PequeFilmes’ ofrece aos nenos a posibilidade de vivir a experiencia de que o seu criterio sexa valorado, mentras se fomenta neles unha mirada crítica e curiosa.


TALLERES


Xunto coas proxeccións, o certame ofrecerá talleres nos que os nenos de máis de catro anos poderán realizar animación en ‘stop-motion’ con obxectos e crear unha banda sonora para unha película. Pola súa parte, os maiores de 9 anos participarán na creación dunha cortometraxe animada a partir do uso dunha mesa de luz virtual. Tanto para asistir aos talleres como para as distintas sesións, as entradas están á venta en Ataquilla-com e no Museo Centro Gaiás.

relacionada O Teatro Colón presenta a programación de espectáculos deste trimestre
relacionada ​Un ciclo de cinema itinerante con películas nomeadas aos Goya fai parada en Arteixo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE