O Teatro Colón presenta a programación de espectáculos deste trimestre
Destaca a oferta "diversa e social" con producións propias.
Presentación da tempada.
O Teatro Colón da Coruña ofertará neste primeiro trimestre espectáculos cunha oferta "diversa e social", segundo expuxeron a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, e o coordinador Xosé Aldea, na presentación da nova programación.
Nela, incluiranse dúas propostas de produción propia coas mulleres como protagonistas, ademais de ser a música e o teatro os eixos principais. Entre as propostas, estarán o concerto de Ses; o 'Son Cubano' de Roi Casal, Khitara ou a Real Filharmonía de Galicia.
O humor das 'Noites de Retranca' e 'Contos na Lareira' serán outras das propostas, ás que se sumará o 'Carmen' do Ballet de Cuba. En canto ás producións propias, a primeira será o 23 de febreiro para conmemorar o nacemento da escritora Rosalía de Castro.
Na presentación das actividades, a vicepresidenta provincial e responsable de Cultura destacou os "case 40.000 espectadores" que participaron na programación do pasado semestre, con máis de 80 eventos. Ademais, dixo que se inaugurou unha liña "que agora se consolida, coa cultura como servizo público".
Escribe o teu comentario