Riazor espera reforzos
O Dépor comeza un mes no que adoita fichar, pensando sobre todo na portería, á espera de saídas.
O mercado de inverno abre ao Dépor a posibilidade de emendar erros da planificación feita no verán. Vista a campaña do conxunto coruñés, a necesidade de cambios aperta.
O Dépor comeza un mes no que adoita fichar. De feito, desde a chegada de Tino Fernández á presidencia, chegaron un total de 14 xogadores en xaneiro.
Este ano, unha das principais debilidades do equipo móstrase baixo paus. Por iso, o club coruñés busca un porteiro que dea garantías na segunda metade da tempada. E a saída de Arribas concede marxe salarial para incorporar un gardameta.
Mentres, Cristóbal volveu xa antes de fin de ano a traballar co grupo, que o domingo se mide ao Villarreal.
Por diante, case un mes para ver se desde o club dan saída a xogadores que non están a ter minutos nos plans do adestrador para poder pescar algún reforzo extra.
Escribe o teu comentario