O Depor ponse no escapase invernal

Varios xogadores branquiazuis están no disparadero ao contar con poucas oportunidades.


|

Deporjugadoresestadio

Os xogadores do Depor durante a pretemporada. Foto: RC Deportivo


A poucos días para que se abra oficialmente o mercado de fichaxes, o Deportivo da Coruña empeza a valorar as posibles saídas do club. Varios xogadores, xa sexa pola falta de minutos ou polo seu alto salario, terán que buscar un novo destino lonxe de Riazor e, nalgúns casos, os herculinos terán que reforzar as posicións que deixen libres quen emprenda unha nova aventura no mundo do balompé.


A portería é a posición que máis preocupa á escuadra branquiazul. Nin Tyton nin Pantillimon demostraron ao nivel, mentres que Rubén queda como único porteiro de garantías. Francis, o cuarto en discordia, aínda é moi nova como para asumir un rol de titular no esquema de Parralo. Por iso, desde o club valoran colocar ao polaco no mercado e buscar un porteiro que, polo menos, asegure a competencia con Rubén ata xuño.


Despois diso, o resto de casos están máis individualizados, a Gerard Valentín e Saúl búscaselles unha cesión, aínda que no caso do ex do Gimnástic de Tarragona só sairía se chega outro lateral. En ambos os casos, o Depor valora que saian como cedidos, aínda que se chega unha oferta interesante para que Saúl salga en propiedade sería estudada na Praza de Pontevedra.


Bruno Gama es otro jugador que, tras la llega al banquillo de Cristóbal Parralo, ha perdido todo el protagonismo que tenía ganado con Mel. El portugués, que cuajó una excelente pretemporada, tiene sobre la mesa una propuesta del Mallorca. Líderes destacados del Grupo III de la Segunda División B, los baleares tienen como objetivo regresar a Segunda División la temporada que viene y ya parten como favoritos. Sin embargo, bajar de la élite mundial hasta la división de bronce del fútbol español no resulta muy seductor para el extremo, que pretende esperar a que lleguen nuevas propuestas.


Mención á parte merece Andone. O romanés só sairía se un equipo lánzase a por el cunha proposta que exceda os 10 millóns, algo que aínda que improbable, poderíase dar neste mercado. En canto ás incorporacións, ademais dun porteiro, en Riazor aínda buscan substituto a Arribas. O central madrileño xa engrosa as filas do Pumas mexicano. Rober Pier, cedido no Levante, e Insua, inédito no Schalke, son os favoritos para regresar á escuadra branquiazul e pelexar por un posto na zaga. 

relacionada O dilema Andone

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE