O Celta conquista Riazor
(1-3). O equipo celeste decantou o partido ao seu favor aos tres minutos.
Andone maquillou o resultado. Foto: RC Deportivo
Tres minutos durou o 0-0 en Riazor. O Celta golpeou primeiro ante a afección deportivista e decantou o partido ao seu favor. O derbi volve ser celeste, maquillado unicamente por un gol de Andone, para poñer o 1-3.
O Dépor volveu conceder un premio ao seu opoñente ao comezo do choque. Wass aproveitou unha perda dos locais e o seu desaxuste defensivo para rematar un balón no segundo pau.
O conxunto herculino tivo que reaccionar axiña para pelexar polo empate. E aínda que Unzué dixera que o Celta iría a por a posesión en Riazor, os celestes permitíronlle ao rival ter a pelota durante o resto do primeiro tempo.
Ata que no 40 outro cúmulo de erros do Dépor permitiu a Iago Aspas facer o seu primeiro tanto da noite.
Tras o descanso, Cristóbal cambiou o plan. A súa proposta, máis directa, con Andone por Çolak, tratando de dar cancha ao ataque deportivista.
Sen verse demasiado inquietado, a pesar de que o Dépor tivo as súas oportunidades, o Celta seguiu manexando o ritmo do encontro, para sentenciar co terceiro pasado o minuto 50 de partido. De novo, Aspas, pero de falta directa.
Só Andone puido maquillar o resultado ao fío da hora.
Escribe o teu comentario