Lucas Pérez: "O alcalde de Vigo que se preocupe de que non se alague Balaídos"
O derbi galego achégase e Lucas Pérez dá as claves do partido
O derbi galego entre o Celta e o Deportivo empeza a quentar motores, e Lucas Pérez encargouse de prender a mecha: "O alcalde de Vigo que se preocupe de que non se alague Balaídos todos os anos, que bastante ten, e que non se lle vaia o club da cidade". Así contestaba o xogador branquiazul ao prognóstico de Abel Caballero sobre o triunfo do Celta por 1-2, "aínda que hai uns meses dixese 0-3".
Lucas ve neste derbi un punto de inflexión para a traxectoria do Dépor, e dá as claves sobre o esperadísimo encontro. "O partido decidirase nos duelos individuais. Non hai favoritos. Nestes partidos dá igual como veñas. Non temos que deixarlle a pelota".
O dianteiro tamén ofreceu a súa opinión sobre a pancarta colgada na cidade deportiva polos afeccionados, cuxo mensaxe dicía 'Aspas: o Celta é o mellor equipo de Galicia'. Lucas Pérez, directo ao gran, en resposta ao cártel: "A historia está aí e xa está. Non hai máis preguntas señoría".
Escribe o teu comentario