O derbi das pancartas: "Soñan connosco, sexamos o seu pesadelo"

|


Twitter

Última das pancartas colgadas en Riazor. Fonte: Twitter.


O derbi galego deste fin de semana aproxímase, e con el álzanse a emoción e a rivalidade dos seareiros dos equipos protagonistas. O enfrontamento entre o Dépor e o Celta é un dos encontros máis esperados do fútbol galego, pero este ano estivo marcado pola curiosa participación dos seus afeccionados a través de distintos carteis e pancartas na cidade deportiva; todas elas infestadas de mensaxes de motivación, de pique intencionado que busca engadir unha dose extra de emoción e de orgullo férreo.


O ‘derbi das pancartas’ deu moito que falar entre seareiros e xogadores de ambos os equipos. Non sen polémica, algúns as tacharon de ofensivas na expresión das súas palabras ou de incitar á violencia, mentres que outros seguidores do encontro tomouse a iniciativa con humor e como unha escusa para celebrar a rivalidade e a competitividade que caracteriza ao mundo do fútbol.


“Eles soñan connosco, sexamos o seu pesadelo”. Así rezaba a última das pancartas colgadas nas bancadas de Riazor, pechando a historia de piques, frases descontextualizadas e palabras de amor/odio que caracterizou aos intentos da afección por darlle máis 'vidilla' ao encontro.


Entre elas podemos atopar as declaracións de Unzué: “Que sorte, o sábado xogamos en Coruña”, ditas en referencia a un partido que pode motivar máis do normal aos seus xogadores, pero que garabateadas nun cartel tornan en algo completamente diferente.


Pancarta


“Aspas: O Celta é o mellor equipo do mundo” foi outra das arremetidas da afección, xunto coas palabras de Abel Caballero, alcalde de Vigo, que prognosticaban a vitoria do Celta. 



Pancarta 2


Critóbal Parralo non ve nestas mensaxes unha incitación á violencia, debido a que “só pretenden motivar”. “É unha semana diferente”, concluía o adestrador  sobre o que para moitos será un derbi especial antes sequera de ter lugar. Hugo Mallo, pola súa banda, defendía que coas pancartas "estaban a equivocarse". Máis aló da división de opinións, trátase dun exemplo perfecto do que ocorre cando o fútbol vese rozado polo meme e as ansias de rivalidade dos seus afeccionados: o derbi das pancartas.

relacionada Unzué: "Só somos mellores que o Dépor na clasificación"
relacionada ​Hugo Mallo apela á experiencia para vivir os derbis máis tranquilos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress