Unzué: "Só somos mellores que o Dépor na clasificación"
O técnico celeste leva a Riazor a todos os seus efectivos. Sobre o céspede espera "a excitación correcta", a pesar de que "as ganas son máximas".
Unzué espera "a excitación correcta". Foto: RC Celta
O derbi galego chega nun momento no que os dous equipos están necesitados de puntos. O Dépor, para non afundirse no descenso e o Celta, para non descolgarse máis da pelexa por Europa, aínda que unicamente os separen tres tantos.
Neste contexto, o adestrador celeste afirma que "no único que somos agora mellores que eles é na clasificación e non por moitos puntos. O demais hai que demostralo". Así, considera que "son tres puntos importantes, pero pola repercusión mediática é máis".
Por iso, reitera que "a ilusión e as ganas son máximas" e que "sabía que para nós o traballo desta semana era máis sinxelo". Con todo, espera que, sobre o céspede "haxa a excitación correcta". O técnico convocou a todos os xogadores para a viaxe á Coruña deste sábado.
Unzué declarou este venres que o Celta traballou "cousas específicas en defensa e ataque". O plan celeste pasar por "tratar de ter a pelota", pois entende que o Dépor non é "deses equipos que se senten mellor sen a pelota que con ela".
Ao rival velle potencial ofensivo e as súas "posibilidades de xogar e ter o balón", tanto os defensores coma no centro do campo.
Escribe o teu comentario