O PSOE de Lugo ratifica a nova executiva provincial liderada por Álvaro Santos

"É unha executiva na que están representados todos os territorios e todos os ámbitos", destacou Santos.


|

Psoe lugo executivaExecutiva do PSOE lugués.


Os delegados do PSOE de Lugo ratificaron na noite do venres a nova executiva provincial dos socialistas lugueses, liderada polo vencedor nas primarias Álvaro Santos e coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, como presidenta.


Así, a lista, paritaria e con representación de "todo o territorio" lugués, recibiu o apoio do 83,6 por cento dos 116 delegados con 97 votos a favor e 19 en branco, segundo informou o PSOE de Lugo nun comunicado.


Deste xeito, Álvaro Santos foi ratificado como secretario provincial tras a súa vitoria nas primarias celebradas a comezos do mes de decembro nas que se impuxo con claridade ao alcalde de Castroverde, José María Arias, e á tenente de alcalde de Burela, Patricia Otero.


A executiva, presidida pola rexedora luguesa, Lara Méndez; conta co presidente da Deputación, Darío Campos, e o presidente das Xuventudes Socialistas da provincia, Miguel González, como membros natos.


"A MELLOR EXECUTIVA POSIBLE"


En declaracións aos medios, Santos congratulábase da presenza de "todos os socialistas da provincia" á cita. "É unha executiva na que están representados todos os territorios, todos os ámbitos de participación na vida política do PSOE; alcaldías, portavocías, etc", debullou.


Pola súa banda, Gonzalo Caballero destacou que "a dirección galega está satisfeita porque se produciron primarias con normalidade. Desde aí, complicidade, apertura e con ganas xa de traballar".


Tampouco ve risco "de escisión" e mostrouse convencido de que se elixe "á mellor executiva posible" e tamén de que "hai que entender que haxa compañeiros que teñan distintas opinións".


relacionada ​Formoso gaña as primarias na Coruña e Pachi Vázquez cae na primeira volta de Ourense
relacionada O PSdeG tratará de "aproveitar" o seu "novo ciclo" nas municipais de 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE