O PSdeG tratará de "aproveitar" o seu "novo ciclo" nas municipais de 2019

Gonzalo Caballero confronta o "proxecto agónico" do PP coa renovación que está a pechar o seu partido.


|

Gonzalo cabaleiro david regades adriana lastraCaballero, Regades e Lastra, no congreso provincial.


O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, destacou que o 2017 finaliza marcado pola "recuperación" e o "ascenso político" do Partido Socialista e animou a "aproveitar" este "novo ciclo político, coa forza da militancia", para "dar a batalla" nas próximas eleccións municipais de 2019.


"A Galicia que deixa a dereita é unha Galicia a peor", criticou do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, ao que cualificou como un "proxecto agónico".


Na clausura do terceiro congreso provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra, Gonzalo Caballero asegurou que esta etapa na que os socialistas empezan a "remontar" desde que a "crise" lles fixera "retroceder", tamén é extensible ao conxunto de España para ser "alternativa" ao PP. E comparou esta con as épocas gobernadas por Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero, resaltando que Pedro Sánchez é "a aposta principal de todos os socialistas".


ESPAZOS POLÍTICOS PERDIDOS


No escenario galego, no que o PSdeG ten por diante renovar as súas estruturas a nivel comarcal e local, Caballero instou ao partido para "liderar" e "recuperar os espazos políticos perdidos". Para iso, insistiu en "traballar intensamente" coas executivas provinciais e locais para "manter" as alcaldías socialistas, "recuperar" aquelas onde gobernan en coalición e "retirar á dereita".


O novo presidente provincial do PSdeG de Pontevedra, David Regades, comezou o seu mandato afirmando que "comeza o camiño cara ás municipais para derrocar á dereita" e que o seu equipo vén traer "aire fresco e limpo aos lugares esnaquizados polo PP".


Regades comprometeuse a "traballar conxuntamente" coas executivas autonómica e estatal do partido para "derrotar" a Núñez Feijóo na Xunta, a Mariano Rajoy no Goberno Central e asegurou que "en 2019 comezará a recuperación dos gobernos socialistas" tanto en Galicia como en España.


BRECHA SOCIAL E TERRITORIAL


A vicesecretaria xeral do partido a nivel estatal, Adriana Lastra, culpou a Rajoy e aos independentistas cataláns de crear "unha brecha social e territorial" coa súa "irresponsabilidade".


Adriana Lastra pronunciouse deste xeito durante o Congreso dos socialistas de Pontevedra, no que lamentou que cando se fala do tema catalán "esquécese" o que "está a pasar no resto do país".


Precisamente, a vicesecretaria xeral do PSOE mostrouse partidaria da "reforma" da Carta Magna para facela "moderna, europea e blindar" os dereitos, ademais de apostar polo recoñecemento da "autonomía local para non estar ao albur do Montoro de quenda", concluíu.


relacionada PSdeG elixe este fin de semana aos seus líderes nas provincias de Ourense e A Coruña
relacionada ​O PSdeG avisa de que "Galicia non pode perder" co novo financiamento autonómico
relacionada Gonzalo Caballero asume con "vertixe" a "responsabilidade enorme" á fronte do PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE