O peche permietral de Punta Langosteira estará concluído no verán
As obras empezarán nas primeiras semanas do ano. Por fóra do valo haberá unha senda peonil e ciclista.
Trazado do valo.
As obras do peche perimetral do Porto Exterior da Coruña iniciaranse nas primeiras semanas de 2018 e concluirán no verán, tras ser adxudicadas pola Autoridade Portuaria cun prazo de execución de seis meses e medio, segundo informa o organismo portuario.
O traballo será realizado pola empresa coruñesa Construciones López Cao, que obtivo a puntuación máis alta na valoración técnica e presentou, ademais, o orzamento máis económico, 566.000 euros. Isto supón un aforro de 295.000 euros sobre o importe de licitación, que era de 861.000 euros.
A obra consiste na instalación dunha valo de peche en todo o perímetro das instalacións portuarias de Punta Langosteira, de acordo coa normativa vixente en materia de seguridade.
Polo exterior do cerramento, executarase unha senda peonil e ciclista que dará continuidade ás rutas existentes na zona.
Escribe o teu comentario