Rubén, formado no Barça, chega con "un plus" de confianza ao Camp Nou
O gardameta deportivista apela ás "boas sensacións" depois da última vitoria para "provocar" que non teñan o seu mellor día.
Rubén Martínez espera provocarlle ao Barça "un mal día". Foto: RC Deportivo
"Necesitamos a concentración de todos e facer un partido perfecto. Que eles non teñan o seu mellor día, ou provocalo nós". É a receita de Rubén para plantar cara ao Barça na visita do Dépor ao Camp Nou.
O gardameta formouse no club catalán, onde pasou 10 tempadas. Este domingo afronta, por tanto, un partido "especial".
Pero Rubén apela ás "boas sensacións e o bo xogo" do Dépor ante o Leganés, contra o que conseguiu deixar a portería a cero, para enfrontar o próximo duelo con "un plus" de confianza individual e colectiva.
Iso si, o de Coristanco é consciente da dificultade do choque. "Eses xogadores son os mellores do mundo", afirmou, "tés que traballar moito en defensa e logo estás canso cando recuperas o balón". Con todo, Rubén lembra que "arriba temos xente con calidade para crear ocasións".
Escribe o teu comentario