Rubén Martínez recibe a alta e quítalle ferro aos erros na portería

O gardameta ten opcións de aparecer ante o Málaga. A falta de minutos remata a paciencia de Andone.


|

RubenmartinezdeporRubén Martínez, no adestramento. Foto: RC Deportivo

Ninguén no Dépor pasa por alto as dúbidas acumuladas na posición de gardameta. Pero Rubén Martínez, que acaba de recibir a alta, rexeita seguir metendo presión á portería.


Tras dous meses apartado da competición "tócame volver empezar", dixo este venres en Abegondo. "É o que me gusta, adestrar e loitar".


O porteiro quixo quitarse o cartel de ser a esperanza para o equipo."Tampouco creo que a xente estea a esperar", dixo, criticando que se "enfocou demasiado cara unha posición". "Todos os porteiros que xogaron estiveron máis ou menos acertados, nalgúns partidos mellor que noutros", pero estende esa situación a todas as demarcacións do xogo.


Sobre o partido en Málaga, onde pode reaparecer en competición, manifestou que todos os partidos "deben ser finais, sobre todo contra equipos que están en posicións similares".


"DEIXÁRONME DE LADO"


O que sente apartado do equipo é Florin Andone, que perdeu protagonismo esta tempada e pensa no seu futuro. "Gustaríame quedar, pero quero xogar. Teño 24 anos e non vou estar un ano enteiro de suplente", afirmou nunha entrevista no diario 'As'.


Así, recoñeceu que ten algunha oferta. "Hai varios equipos que están a chamar. Nas boas é normal, pero nas malas é de agradecer que haxa xente que confía en ti", avisa.


"Se cadra é a miña culpa, seguro que non é de todos menos miña. Pero que me deixaran de lado tan rápido non me gusta. Sei que son palabras duras, pero digo o que sinto. Non podo mentir nin disimular", insistiu o xogador.


O dianteiro asegura que non se sente feliz, a pesar de que se tenta "illar". "Pero os días de partido case non podo, danme ganas de chorar. Nas Palmas non xoguei nin un minuto despois de 49 partidos...", lamentou.


relacionada Munúa reencóntrase co Dépor en plena crise na portería
relacionada Lucas Pérez: "Andone é un gran dianteiro e ímolo necesitar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE