Youtube á galega, o gran obxectivo de 'Youtubeir@s'

A segunda edición deste certame busca crear referentes galegos na coñecida plataforma online


|


Youtubeiros


A segunda edición dos premios 'Youtubeir@s' ten o seu obxectivo claro: incrementar a presenza do galego e a súa visibilización na que é unha das plataformas online dominantes, así como crear “referentes en galego” dentro do ámbito youtuber, cheo de personalidades cunha influencia cada vez maior no público novo.


Neste certame poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos que presenten "vídeos de opinión" ou "videotutoriales autoproducidos" en galego. Os vídeos deben estar publicados "con data posterior ao 28 de abril de 2017", sen restricións de privacidade e baixo as etiquetas '#youtubeiras' e '#youtubeiros' na súa descrición.


Unha das novidades desta segunda edición é o apartado ‘Premio do público’, onde os usuarios de Facebook poderán “propoñer un vídeo do que sexan seguidores”a través dun comentario no perfil de Youtubeir@s, acompañado da etiqueta '#propostayoutubeira'.


A iniciativa presentada este xoves está promovida polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas (Santiago, A Coruña e Vigo), da Deputación da Coruña, así como de nove concellos galegos.


Premio e categorías 


Segundo explicou a Universidade de Santiago de Compostela nun comunicado, outra das finalidades do evento é reforzar "a creatividade" grazas á presentación de "temas propios" dos participantes. O certame outorgará un total de 5.500 euros repartidos entre as seis categorías temáticas que o compoñen (en torno a 1.000 e 500 euros por categoría). 


Entre elas atopamos 'vídeo-facermos', baseado na elaboración propia dun tutorial; 'vídeo-opinarmos', a través do que mostrar unha opinión sobre un tema determinado; ou 'canle' ao presentar unha canle enteira con todos os seus vídeos, no que se valorará o contido, a cadencia de vídeos e a repercusión, entre outros.


relacionada De bacterias en móbiles a minas de cobre: doce finalistas para o 'I Premio Stephen Hawking'
relacionada As luces, a pista de xeo e o Mercado marcan o inicio do Nadal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE