De bacterias en móbiles a minas de cobre: doce finalistas para o 'I Premio Stephen Hawking'

|


Concurso


Doce traballos de carácter científico e divulgativo, procedentes de catro centros galegos, son os finalistas do ‘I Premio Stephen Hawking de mozos investigadores Rosalía- Abanca’, un certame destinado a promover a ciencia e a curiosidade dos estudantes dos institutos galegos. Ao concurso chegan temáticas de todo tipo, desde estudos que buscan mellorar a mina de Touro a indagacións nas bacterias dos teléfonos móbiles.


O evento tenta consolidarse, segundo ha declrado do director do IES Rosalía de Castro de Compostela, Ubaldo Rueda, como o “gran premio” no ámbito científico do panorama educativo. Roda tamén ha sinalado “a altura extraordinaria” da composición do xurado, entre os que se atopan o exrector Carlos Pajares ou Ignacio M. Mendizábal, Premio Príncipe de Asturias.


Isaac González, director de Comunicación e Relacións Institucionais de Abanca, destacou a importancia de que Stephen Hawking, "unha personalidade científica de primeiro nivel", ceda o seu nome para este galardón, que busca transmitir valores do ámbito científico como a "curiosidade", a "persistencia" e a "humildade".


Espontaneidade, simplicidade e talento


O salón de claustros do centro foi o lugar polo que pasaron ao longo desta mañá os diferentes finalistas  para presentar os seus proxectos, procedentes dos IES A Pinguela de Monforte, Pintor Colmeiro de Silleda, Xelmírez I e o propio Rosalía de Castro de Santiago. Sobre os proxectos, Carlos Pajares valorou a "espontaneidade de todos os traballos", que parten de "ideas simples" pero "elaboradas con metodoloxía científica". Mendizábal destacou, pola súa banda, o "moito talento e moito corazón" que os alumnos depositaron nos seus traballos.


O resultado do concurso darase a coñecer a as 19.30 horas no propio IES Rosalía de Castro, onde tamén farán entrega das insignias de ouro a Carlos Pajares, ao exalcalde Agustín Hernández e ao profesor Jesús Jordá.



relacionada A maxia chega a Galicia da varita de Jorge Blass
relacionada Ringo Starr, a lenda viva do rock, chega á Coruña en 2018

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress