Ringo Starr, a lenda viva do rock, chega á Coruña en 2018
As entradas deste esperado concerto, que se estima custarán entre 48 e 75 euros sairán á venda durante os próximos días
Para alegría de moitos amantes e acérrimos fans do rock, Galicia recibirá o 29 de xuño de 2018, por primeira vez na historia, ao ex membro da lendaria banda inglesa The Beatles, o archiconocido Ringo Starr. O mítico batería do grupo de Liverpool interpretará temas da actual xira de presentación de Give More Love (2017), que dará o salto a Europa o ano que ven desde Estados Unidos.
As entradas deste esperado concerto, que se estima custarán entre 48 e 75 euros segundo a disposición nas bancadas, sairán á venda durante os próximos días. Da man de Ringo Starr, Give More Love traerá consigo ao Coliseum algunhas das cancións máis coñecidas de The Beatles, con temas que se incrustaron para sempre no imaxinario colectivo do mundo do rock: Yellow Submarine, What Goes On, I Wanna Be Your Man ou With a Little Help of my Friends son algunhas das pezas que lucirán durante o concerto
Á cidade coruñesa chega, o próximo 29 de xuño, unha oportunidade única para rememorar un indicio do talento da banda que marcou un antes e un despois na historia do rock. O exbeatle virá acompañado da All Star Band, o famoso grupo de integración cambiante polo que pasaron grandes lendas da música.
Escribe o teu comentario