Viaxe reivindicativa en tren para recuperar liñas esquecidas
A Plataforma en Defensa do Tren organiza o sábado unha viaxe de A Coruña a Ferrol pola mellora da liña.
Acto reinvindicativo de la plataforma. Foto: Facebook
A Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas organizou para este sábado unha viaxe reivindicativa na liña ferroviaria A Coruña-Ferrol para reclamar investimentos na mellora da mesa, segundo informou en rolda de prensa o voceiro do colectivo, Alberto Díaz.
A viaxe forma parte das accións que leva a cabo a entidade para esixir que se dote de paradas e máis liñas naqueles tramos onde se "recortaron" este tipo de servizos.
Para iso, dous portavoces da Plataforma, acompañados por aqueles representantes institucionais e cidadáns que queiran sumarse á iniciativa, partirán ás 10,50 horas da Estación de San Cristóbal, na Coruña, onde a partir das 10,15 horas haberá unha protesta.
ELECTRIFICAR A VÍA
A ela, asistirá o alcalde herculino, Xulio Ferreiro, segundo explicou o portavoz da Plataforma. Ademais, explicou que está confirmado a participación na viaxe de representantes das corporacións de Culleredo e Cambre.
Co lema 'Por un ferrocarril público e social, ecolóxico, eficiente e sustentable', a Plataforma reclama que acometan investimentos "nunha rede construída hai 100 anos" e que se proceda á súa electrificación. "Desconxestionaríase o tráfico na entrada e saída da Coruña", expuxo Alberto Díaz.
Escribe o teu comentario