O goberno galego fomenta a venda da madeira dos montes queimados

A Xunta reunirá o sector forestal e os propietarios para iniciar a comercialización.


|

Maderamonte


A Xunta iniciará a próxima semana os contactos co sector forestal para a convocatoria da 'Mesa da Madeira' e para fomentar a venda de madeira comercial nos montes de titularidade pública e privada afectados polos incendios.


Diso informou o Executivo autonómico a través dun comunicado emitido este sábado no que apuntan que o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, investigado por supostas irregularidades na contratación de helicópteros anti incendios, presidirá un encontro no que estará representados unha ducia de asociacións e colectivos do ámbito forestal.


Na reunión abordaranse as xestións realizadas pola Xunta para "fomentar a venda de madeira comercial nos montes de xestión pública afectados polo lume" e tamén se informará sobre as "facilidades" dos particulares para a retirada da madeira nestes terreos e a súa posterior comercialización.


Así mesmo, o responsable de Ordenación Forestal do Goberno galego tamén informará sobre as actuacións postas en marcha por este departamento para "a xestión da madeira non comercial nos montes veciñais en mancomún" para facilitar a rexeneración das zonas queimadas.


A 'Mesa da Madeira', cuxa creación foi anunciada pola Xunta hai uns meses, contará con representantes do sector industrial da madeira, do Goberno autonómico e das organizacións de propietarios forestais.


Entre os obxectivos fixados para este ente figura a promoción das relacións entre os diferentes sectores da produción, comercialización e transformación de madeira e biomasa forestal; a análise dos mercados e das necesidades da industria e, por último, intercambiar información sobre o estado fitosanitario das masas forestais.


relacionada O sector madeireiro rexeita as limitacións á expansión do eucalipto en Galicia
relacionada "A única solución para atallar os incendios pasa por conseguir que exista actividade rural"
relacionada Tomás Fernández-Couto, imputado pola adxudicación "sen transparencia" dos helicópteros antiincendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE