O conselleiro de Economía explica que Galicia non debe competir "baixando salarios"
Apunta á "innovación" como un dos puntos crave sobre os que se debe sustentar a economía galega
Nunha entrevista concedida á Radio Galega este domingo, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, sinalou que Galicia debe competir con outros mercados 'low cost' a través da "innovación" e evitando a baixada de salarios.
A "recuperación económica" na que, segundo Fracisco Conde, atópase Galicia, debe ter o seu reflexo na mellora de salarios, non no seu empeoramento. "Aí creo que hai unha corresponsabilidade por parte dos empresarios que estou seguro que todos imos conseguir que esa recuperación económica se traslade aos salarios", explicou.
Ademais, o conselleiro ve nas importacións un dos grandes alicerces da economía galega, polo que a internacionalización de sectores como a automoción ou o naval son clave para a creación de emprego "de calidade". Conde tamén avanzou que a Xunta mantén contactos co Goberno de México para a organización dun evento determinado, e que ten como fin captar investidores mexicanos interesados en Galicia.
Escribe o teu comentario