A eurorrexión galego-lusa aposta pola metalurgia nas súas xornadas conxuntas
As xornadas do 27 de novembro terán lugar na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença do Minho
A eurorrexión Galicia-Portugal organiza unha xornada prevista para o próximo 27 de novembro na que se promoverán ofertas de emprego no sector do metal, tanto para empregados como para empresarios.
O encontro terá lugar na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença do Minho. Trátase da sexta edición deste 'Job Day' transfronteirizo, que busca favorecer a mobilidade e a contratación de traballadores da eurorrexión galego-lusa.
Deste xeito, no encontro haberá espazos para entrevistas e contratacións. Os interesados deberán enviar previamente o seu currículo ao correo electrónico 'gnpaect@gnpaect.eu' para solicitar unha entrevista. A iniciativa está organizada polas asociacións do sector metalúrxico de Galicia e Portugal.
Escribe o teu comentario