Restricións nos cultos da Catedral por mor das obras de 2018
Entre febreiro e marzo de 2018 retiraranse os andamios da zona exterior
As obras no interior da Catedral de Santiago supoñerán restricións nos cultos e no funcionamento do botafumeiro ao longo de 2018, pero os andamios do exterior serán retirados entre febreiro e marzo do ano que vén.
O director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, afirmou durante unha rolda de prensa que a realización das obras busca que a Catedral "permaneza aberta" durante todo o período, aínda que a súa execución no interior provocará ruído e a instalación de andamios, o que obriga a reducir aforamento e modificar as horas de culto.
Con todo, non se concretou data exacta sobre o inicio destas medidas, que terán lugar durante 2018 e implicarán o cesamento do funcionamento do botafumeiros e restricións nos cultos, limitados a lvos fins de semana e ás tardes. Doutra banda, os andamios da zona exterior serán retirados entre febreiro e marzo, no momento en que se inicie a intervención na terraza.
As obras exteriores da Catedral iniciáronse en 2013.
A restauración da Catedral
As actuacións da restauración da Catedral de Santiago de Compostela entre 2013 e 2017 supuxeron un desembolso de 9,2 millóns de euros, aos que se estima que se sumarán outros 15 millóns entre 2018 e 2020.
Con este investimento, preténdese ter a Catedral "en perfecto estado de revista" para o Ano Santo 2021, segundo explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.
Escribe o teu comentario