Os instrumentos do Pórtico da Gloria soarán nun concerto na Catedral

Carlos Núñez ofrecerá un concerto o día 22, de acceso gratuíto con invitación.


|

Porticogloria


Carlos Núñez ofrecerá o próximo 22 de novembro un concerto na Catedral de Santiago cos instrumentos do Pórtico da Gloria como peche do programa conmemorativo polo 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o deán da basílica compostelá, Segundo Pérez, asinaron este xoves o convenio polo que a Xunta patrocina esta cita, de acceso gratuíto previa retirada de invitación.


O programa, creado especialmente para a ocasión por Carlos Núñez e Jordi Savall, prestará particular atención á música do Códice Calixtino e ás Cantigas medievais galego-portuguesas, así como aos instrumentos do Pórtico da Gloria, que por primeira vez serán tocados por Savall e o seu grupo Hespèrion XXI.


Nesta cita, que será gravada e distribuída por todo o mundo, participarán artistas especializados norteamericanos, franceses, holandeses, británicos, italianos, gregos ou nórdicos, entre outros, así como galegos como Francisco Luengo, que construíu algúns dos instrumentos que se utilizarán.


O concerto será o mércores 22 de novembro, Día do Músico, a partir das 21,30 horas. O acceso será gratuíto, previa retirada de invitación, que poderán recollerse, dúas por persoa, a partir das 16.00 horas do 18 de novembro nas instalacións de Turismo de Galicia situadas no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino da rúa Carretas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE