Fabian Schär: "Hai calidade para estar entre os dez primeiros"
O suízo, que acaba de clasificarse para o Mundial, asegura que volve canso, pero "preparado" para Málaga.
Adrián, con Schär no adestramento. Foto: RC Deportivo
O cansazo, co deber cumprido, pode transformarse en "boas sensanciones". Tal e como declara sentirse Fabian Schär, ao seu regreso á disciplina do Dépor tras cumprir o "soño" de conseguir coa súa selección o billete para o Mundial de Rusia.
O suízo asegura que está "preparado" para medirse ao Málaga este fin de semana. Co cambio de adestrador, ve o equipo "progresando como bloque tácticamente". "Aínda non estamos aí pero hai calidade para estar entre os dez primeiros", proclamou, se o equipo segue en liña ascendente.
Sobre o próximo choque, declarou que "os dous equipos necesitamos os tres puntos" e confiou en conseguilos. "Son bastante positivo", insistiu.
O que se perderá ese encontro e algún máis, previsiblemente, é Juanfran Moreno. O lateral, un dos xogadores con máis minutos, tívose que retirar do adestramento do martes antes de tempo e as súas molestias xa teñen diagnóstico.
Juanfran subre unha lesión no semimembranoso (unha das porcións do isquititibial) da súa perna esquerda, segundo informou o club. O que non adiantaron os servizos médicos do Dépor é o alcance da rotura, que lle pode apartar entre dúas semanas e un mes da competición.
Escribe o teu comentario