Un revés da Axencia Europea de Medicamentos afunde en Bolsa a PharmaMar
A compañía prevé unha opinión en contra da EMA á aprobación da solicitude de autorización de comercialización para Aplidin na indicación de mieloma múltiple.
As accións de PharmaMar, 'herdeira' do Grupo Zeltia, esborrallábanse máis dun 20% este xoves tras admitir que prevé unha opinión en contra da Axencia Europea de Medicamentos (EMA) á aprobación da solicitude de autorización de comercialización para Aplidin na indicación de mieloma múltiple (un tipo de cancro de sangue) presentada en outubro de 2016.
Os titulos da compañía deixábanse un 20,18% ás 13.50 horas, ata intercambiarse a un prezo de 2,590 euros.
A compañía sustenta esta opinión na valoración preliminar do Comité de Medicamentos de Uso Humano (CHMP) da EMA, que informou á empresa do seu voto negativo. A emisión da opinión do CHMP producirase previsiblemente na semana do 11 ao 15 de decembro.
Escribe o teu comentario