O Aquae Talent Hub repite experiencia en Santiago como catalizador de ideas innovadoras

O segundo encontro Aquae Talent Hub celebrado en Santiago espertou as mentes das case 400 persoas que participaron na xornada.


|

PublicotalenthubA xornada serviu para 'cambiar o chip' aos asistentes. Fotos: Viaqua

Mellorar a vida das persoas, da nosa contorna máis próxima, pero tamén daqueles que viven lonxe de nós. Sobre esas ideas e a súa estreita relación coa innovación e a sustentabilidade ambiental, o segundo encontro Aquae Talent Hub celebrado en Santiago espertou as mentes das case 400 persoas que participaron na xornada.


A Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela volveuse encher este mércores de emprendedores, profesionais e estudantes para non perder a master class do escritor e xornalista Santiago Roncagliolo nin o taller práctico conducido pola investigadora Irene Lapuente. O evento, ao que acudiron máis de 2.800 persoas en distintas cidades, está impulsado por Fundación Aquae, Viaqua e a USC.


Roncagliolotalenthub


A AUGA CONDICIONA A VIDA E A SAÚDE


Santiago Roncagliolo contou a súa experiencia persoal na Amazonía peruana, onde viaxou en 2015, da man de UNICEF e Fundación Aquae, para coñecer de preto como é vivir sen auga segura e sen saneamento.


O escritor, xornalista e guionista peruano explicou o enorme reto que supón levar auga e sistemas de saneamento a esta poboación indíxena, un cruel paradoxo xa que neste territorio a auga é a protagonista da vida: "O río é a tenda, a neveira, a autoestrada e un foco de enfermidades".


Este experto en innovación solidaria seduciu o público do Aquae Talent Hub coas súas reflexións sobre o contraste de civilizacións, chamando a atención sobre as carencias dos servizos máis básicos que sofre a comunidade indíxena e os problemas que isto representa para a súa calidade e esperanza de vida.


Irenelapuentetalenthub


"SOLUCIÓNS INNOVADORAS" DESDE A EMPATÍA


Pola súa banda, Irene Lapuente, foi a encargada de transmitir no evento experiencias de creatividade e de motivación desde a perspectiva do desing thinking, a empatía, a identificación e a ideación.


Lapuente destacou a importancia de traballar en equipo. "Para a innovación solidaria é necesaria a empatía, porque esta mira as persoas e a contorna", explicou. Ademais, convidou o público a "deixar de ser solucionadores para saber identificar o marco dos problemas, o que conducirá a verdadeiras solucións innovadoras".


relacionada Santiago Roncagliolo: "É posible salvar vidas coidando o medio ambiente e cun custo mínimo"
relacionada O Aquae Talent Hub regresa coa vontade de dar "un paso máis" na innovación colaborativa
relacionada O segundo 'Aquae Talent Hub' prepárase para repetir o éxito da primeira edición en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE