A lesión de Emre Mor prolóngase máis do previsto
O atancante pode perder o partido contra o Sevilla do sábado 18, tras a súa recaída.
Emre Mor non foi coa selección. Foto: @Emremor29
A escordadura de nocello de Emre Mor non termina de curar e trastorna os plans do Celta. O atacante turco pode sumar aos últimos dous outro encontro visto desde a bancada pola súa recaída.
O parte médico difundido polo Celta reflicte que a resonancia magnética á que se someteu o xogador confirma o alcance do diagnóstico e fala de "molestias que limitan a súa actividade".
Así mesmo, os prazos previstos apuntan a que a recuperación se alongará entre uns dez días e dúas semanas. Se se dá a mellor das posibilidades, chegaría xusto ao encontro co Sevilla do sábado 18.
No peor dos casos, tampouco participaría no reencontro do equipo contra o seu ex adestrador, Berizzo.
Emre Mor xa tivo que renunciar á convocatoria para os amigables coa selección de Turquía neste parón ligueiro.
Escribe o teu comentario