O vestiario celeste fai oficiais os capitáns para esta tempada
O celtismo xa coñece o día e a hora á que se reecontrarán con Berizzo.
Foto dos capitáns publicada polo Celta.
Hugo Mallo, Iago Aspas, Sergio Álvarez e Andreu Fontàs son os catro capitáns do Celta para a tempada 2017/2018, segundo informou o club nun comunicado.
O futbolista catalán é o único que se estrea neste rol, por decisión do vestiario, na súa quinta tempada como celeste. E é que o primeiro capitán seguirá sendo Hugo Mallo, líder do vestiario desde xaneiro de 2016, cando Augusto Fernández saíu no mercado invernal.
Iago Aspas será esta campaña o segundo dono do brazalete tras exercer de terceiro capitán na 2016/17. Tamén repite capitanía Sergio Álvarez. O porteiro, terceiro capitán nesta ocasión, leva sendo un dos elixidos para portar o brazalete desde a 2015/16.
E no futbolístico, xa se coñece o día e a hora do reencontro entre o celtismo e Berizzo. Os vigueses disputarán a duodécima xornada de Liga en horario das 18:30 no Ramón Sánchez Pizjuán.
Escribe o teu comentario