O Celta toma vantaxe na eliminatoria de Copa
Superou por 1-2 ao Eibar en Ipurúa e decidirá o pase a oitavos en Balaídos. Cabral e Guidetti, os goleadores.
Guidetti e Emre Mor, celebrando o gol. Foto: RC Celta
O Celta volveu superar o Eibar en Ipurúa e adquiriu unha valiosa vantaxe na ida dos dezaseisavos de final da Copa do Rei. Cabral e Guidetti anotaron os tantos celestes nun choque que foi de máis a menos e acabou co triunfo do conxunto vigués.
O equipo celeste comezou da mellor maneira posible. Aos tres minutos, tras un despexe de Riesgo a un lanzamento de falta de Guidetti, Hugo Mallo puxo un centro coa zurda que Cabral rematou á rede.
Os celestes dispuxeron de varias chegadas con perigo, pero foi o Eibar, aos 18 minutos, o que acertou. Enrich anotou o empate cun certeiro remate na área pequena tras un centro desde a esquerda.
Os locais reactiváronse tras o gol, pero sen ocasións, e o Celta retomou o dominio do choque. A falta de tres minutos para o descanso, Guidetti puxo de novo en vantaxe os célticos cun cabezazo tras un centro de Hjulsager.
A segunda metade foi menos fluída, con máis interrupcións e menos xogo. O Celta sostivo a vantaxe para encarar con certa tranquilidade o partido de volta en Balaídos.
FICHA
1-SD Eibar: Riesgo, Juncá, Lombán, Gálvez (Arbilla, min.63), Paulo, Sarriegi, Rivera, Jordán (Inui, min.72) Rubén Peña, Bebé (Kike, min.83) e Sergi Enrich.
2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Radoja, Brais (Pablo Hernández, min.72), Jozabed (Wass, min.63), Emre Mor, Hjulsager e Guidetti (Maxi Gómez, min.80)
Goles: 0-1, min.3: Cabral; 1-1, min.18: Enrich; 1-2, min.43: Guidetti
Escribe o teu comentario