O Celta estréase na Copa coa mirada posta no máis alto
Unha "competición especial". Foto: @gomez_sergi twitter
Tras dúas semifinais perdidas de forma consecutiva, o Celta volve á competición copeira. E faino contra o Eibar, un equipo en horas baixas, pero que se estrea no seu estadio.
Aínda que o responsable do banco celeste nas dúas ocasións anteriores era Berizzo, Unzué tamén declarou sentir a Copa do Rei "como unha competición especial e neste caso ten unha importancia maior porque nos últimos anos ao Celta déuselle ben".
Así, aínda que o adestrador anunciou "algúns cambios" no once, afirmou que quere todo o persoal "enchufado", por iso só leva a Brais Méndez do filial.
En Ipurúa, o diñeiro recadado no despacho de billetes irá destinado aos afectados pola vaga de incendios que afectou a Galicia a semana pasada. Un xesto do Eibar que o Celta respondeu rexeitando as invitacións ao partido e pagando pola súa asistencia.
Escribe o teu comentario