O Celta cae ante o pechacancelas
(2-1). Os celestes xogaron a segunda parte a remolque do Málaga e aínda que empataron, volveron encaixar.
Un penalti nos últimos minutos decantou o partido para o Málaga, cando o Celta buscaba a remontada. Os andaluces adiantáronse no desconto da primeira metade e Aspas empatou a falta dun cuarto de hora.
O Celta freou o arranque decidido do Málaga, realmente necesitado de puntos, e foi asentándose aos poucos no partido, alongando as posesións e chegando con perigo conforme avanzou a primeira metade.
E no desconto, tras un rebote, o Málaga marcou para deixar xeados os celestes. Adrián anotou de cabeza sobre a liña de gol.
Tras o descanso, o Celta adiantou a presión e buscou o empate. Conseguiu facerse co dominio do encontro e tivo chegadas para conseguilo. A falta dun cuarto de hora para o final, Aspas cabeceou á rede un centro de Sisto.
Pouco despois, unha man na área concedeu ao Málaga un penalti que os locais aproveitaron para volver adiantarse no marcador.
A pesar da vontade do Celta, o repregamento do Málaga deu os seus froitos e evitou o empate, tres puntos que lle serven para subir un posto e deixar de ser o pechacancelas da competición.
FICHA:
2-Málaga CF: Roberto; Rosales, Baysse, Luís Hernández, Juankar, Adrián, Recio; Keko (Ontiveros, min.80), Juanpi (Youssef, min.74), 'Chory' Castro (Rolón, min.92)e Peñaranda.
1-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo (Gudetti, min.84), Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka (Jozabed, min.80) Wass, Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto e Maxi Gómez.
Goles: 1-0, min.45+: Adrián; 1-1, min.76: Iago Aspas; 2-1, min.83: Recio, de penalti
Escribe o teu comentario