A mesa de idade de Fene paraliza a moción de censura
O PP denunciará no xulgado que os edís de Somos Fene expulsados sexan "considerados tránsfugas".
Expectación ás portas do concello. Foto: @BNGFerrolterra
A mesa de idade do Concello de Fene decidiu non debater a moción de censura presentada polo PP e Somos Fene ao alegar que "non se dan as circunstancias" para iso.
O motivo é que os edís de Somos Fene recorreran no xulgado o seu pase ao grupo dos non adscritos, pero non a expulsión dese grupo, polo que "son considerados tránsfugas", segundo esgrimiu a presidenta da mesa de idade, Mariela Aguilar, do BNG.
A outra integrante da mesa de idade mostrou a súa oposición a esta decisión e, ao termo da sesión, o candidato á Alcaldía do PP, Gumersindo Galego, adiantou que presentarán denuncia no xulgado ao estimar que se trata dun "delito de prevaricación".
Escribe o teu comentario