CaixaBank asegura que o traslado da súa sede social a Valencia non é temporal

O conselleiro delegado, Gonzalo Gortázar, chama á "tranquilidade" e asegura que as contas "están absolutamente seguras dentro de Cataluña".


|

GonzalocortazarcaixabankGonzalo Cortázar, na presentación.


O conselleiro delegado de CaixaBank, Gonzalo Gortázar, asegurou este martes que o traslado da sede social da entidade a Valencia "non ten prazos de vixencia e non ten carácter de temporalidade" aínda que non se prevén outro tipo de traslados de relevancia operativa.


Así o manifestou durante a presentación dos resultados do terceiro trimestre 2017 de CaixaBank en Valencia, unha decisión "exclusivamente técnica" que, segundo dixo, tomou o consello de administración para "deixar fóra de toda dubida que a fortaleza de CaixaBank se manterá en calquera escenario e sempre baixo o paraugas da zona euro, do BCE e en igualdade de condicións no xurídico que calquera entidade de España", ante a "intranquilidade" que estaba a xerar a situación de Cataluña entre a súa clientela.


Gonzalo Gortázar fixo, ademais, un chamamento á "tranquilidade" e á "responsabilidade" e aseverou que as contas tanto dos seus clientes como dos seus competidores "están absolutamente seguras dentro e fóra de Cataluña".


Continúa lendo en Catalunyapress.


relacionada CaixaBank logra de xaneiro a setembro os maiores beneficios da súa historia
relacionada Caixabank elixe Valencia para levar o seu domicilio social ante a inseguridade xurídica catalá

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE