Pedro Mosquera recibe a alta e poderá xogar contra o Xirona
O Dépor recibe o equipo catalán o luns pola noite, un horario que non convence a Luisinho sobre todo pola afección.
Pedro Mosquera completou esta mañá unha nova sesión de adestramento con normalidade e recibiu a alta médica, tal e como informa o Dépor na súa web. O capitán deportivista estará así a disposición de Pepe Mel para o encontro do luns en Riazor ante o Xirona.
Tamén se adestraron con normalidade Emre Çolak e Fede Cartabia. Tamén Adrián, aínda que este, aínda sen alta médica, si realizou algunha tarefa co readaptador Fran Molano.
A día de hoxe, tan só Rubén Martínez e Carles Gil traballan á marxe do grupo.
A LUISINHO NON LLE GUSTAN Os LUNS
Tras varias semanas xogando pola mañá, ao Dépor tócalle agora o partido do luns pola noite. Esa situación non é do agrado de Luisinho, que comentou este venres que "estes horarios da liga témolos que cumprir pero non son os máis lóxicos. O luns, para a propia afección... non queremos, pero hai que competilos e xogalos".
E afirmou que o equipo sae pensando en "xogar como ante Xetafe ou Alavés, demostrando que xogamos en casa e queremos gañar o partido porque as vitorias dan confianza".
Escribe o teu comentario