Albentosa: "Cando non xogas, non estás 100% a gusto"
O defensa cre que para lograr os tres puntos en Ipurúa "faltou un pouco de ambición, de crer que podiamos gañar".
Albentosa, durante o adestramento. Foto: RC Deportivo
"Todos os xogadores de todos os clubs se non xogan non están ao 100% a gusto". Así valorou Raúl Albentosa a súa falta de minutos esta tempada, aínda que quixo deixar claro que "non quere dicir que non estea feliz aquí. Querería xogar, pero hai tres compañeiros que tamén queren xogar".
Neste sentido, afirma que non lle reprocha a Pepe Mel a súa forma de elixir once e convocatoria. "Púxome a min e a Francis cando viñamos de gañar un partido. Estas últimas semanas vin que fai o que pensa", declarou o xogador.
Sobre o seu estado asegurou que "ao final traballas día a día para cando che toque estar ben e estar preparado. É o típico que se di pero é así. Nese aspecto atopeime ben".
E reflexionou sobre as carencias do equipo para lograr os tres puntos en Ipurúa. "Faltou un pouco de ambición, de crer que podiamos gañar", dixo, aínda que valora que o equipo estivo "ben e acertados no defensivo".
De cara ao próximo encontro, contra o Xirona, Albentosa espera manter a "xeira de vitoria na casa empate fóra". "Hai que seguir mantendo a portería a cero e tratar de materializar algunhas ocasións. Imos facer bo isto se agora conseguimos os tres puntos contra un rival tamén directo", reflexionou.
Escribe o teu comentario