Luisinho renova ata 2020 e desexa colgar as botas no Dépor

Tino Fernández conta que tras os problemas extradeportivos con Arribas, o xogador ofreceuse a saír do club sen cobrar se volvía pasar.


|

LuisinhorenovacionLuisinho, deportivista dúas tempadas máis. Foto: RC Deportivo

O Deportivo e Luisinho irán da man polo menos ata o 30 de xuño de 2020, tal e como manifestaron este mediodía na sala de prensa o propio futbolista, que estivo acompañado polo seu axente Jorge Teixeira, e o Presidente do Deportivo, Tino Fernández.


Abriu o acto Tino Fernández, quen destacou que Luisinho é un xogador "especial, moi querido no Deportivo". E aínda que recoñeceu que "houbo algún momento que a ningún dos tres nos gustou vivir e protagonizar", en referencia aos problemas con Arribas, pero quixo agradecer a Garitano a súa confianza no xogador, ademais de ao propio Luisinho e o seu representante.


O presidente contou que ambos ofreceron abandonar o club sen cobrar se volvía haber problemas extradeportivos.


Pola súa banda, Luisinho manifestou que "é unha satisfacción estar aquí dous anos máis. Contento con todo. O pasado é pasado, como ben dixo o Presidente. O importante é seguir e seguir como estamos, ser positivos e buscar a felicidade, que é o que eu tentei os anos que estou aquí no Deportivo".


Cando termine contrato, o luso terá xa 35 anos, polo que "un obxectivo é rematar a carreira no Deportivo".


Recoñece que "é o primeiro club desde que xogo ao fútbol que estou tantos anos. Sempre estiven un ou dous anos en clubs de Portugal. Aquí xa moitos anos. É sinal de que me gusta, de que teño un agarimo por esta xente. Contento por poder continuar aquí".


Doutra banda, recoñeceu de novo que "ser capitán era algo que quería" pero destacou tamén que están "ben representados" polos compañeiros que finalmente ocuparon ese rol.


Pola súa banda, Jorge Teixeira, axente do futbolista, recoñeceu o interese doutros clubs por contratar a Luisinho pero aclarou que "nos meus doce anos como axente, nunca tiven a ningún xogador que non quixo escoitar ningunha outra proposta ata que non estivesen concluídas as conversacións con Richard (Barral) e co Presidente (do Deportivo). Iso demostra a prioridade que el tiña en continuar na Coruña, en continuar no Deportivo. Por iso estamos todos contentos. Era un obxectivo persoal del".


relacionada Luisinho consegue os primeiros tres puntos para o Dépor
relacionada O Dépor reparte cinco brazaletes: Mosquera, Borges, Sidnei, Juanfran e Navarro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE