Os medios de extinción esperan liquidar o incendio de Cervantes ao longo da mañá

É o único incendio que se mantén da onda que afectou a Galicia durante os últimos días. Obrigou a desaloxar dous núcleos de poboación.


|

Incendiobrif


Despois da intensa onda de incendios que afectou a Galicia durante os últimos días da semana pasada, este venres só se mantén pendente de extinción un incendio, en concreto na parroquia de Noceda, no municipio lugués de Cervantes, segundo informou a Conselllería do Medio Rural.


Este incendio en Cervantes permanece controlado e os equipos de loita contra os incendios esperan poder deixalo extinguido ao longo da mañá deste venres, segundo informaron as referidas fontes.


Polo momento están pendentes os labores de perimetrado, polo que se descoñece a superficie exacta calcinada por este lume, que se declarou o pasado venres 13 de outubro pola noite e que arrasou terreos da Rede Natura.


O incendio obrigou a desaloxar dous núcleos de poboación.



A Xunta mantén a cifra estimada da superficie queimada durante a pasada fin de semana na vaga de incendios que arrasou Galicia. A estimación provisional da que se dispón ata este momento é de ao redor de 35.500 hectáreas, aínda que fontes da consellería indicaron que están a tentar "afinar" máis esta cifra, á que habería que engadirlle as 12.600 hectáreas que xa arderan no que ía do 2017, o que supón un total de 48.100 hectáreas.


relacionada Un único incendio pendente de extinguir en toda Galicia dos iniciados a fin de semana
relacionada O xuíz decreta prisión sen fianza para o detido polo incendio do domingo nos Blancos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE