Psicólogos nos xulgados para atender as vítimas do machismo
As sete cidades contarán con este persoal especializado, como "un paso máis na protección e amparo" das vítimas.
Os xulgados da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo dispoñerán de psicólogos para a atención ás vítimas, en virtude do novo modelo de oficinas de atención ás vítimas presentado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.
O acto, celebrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), contou tamén coa asistencia do presidente da Sala do Contencioso do alto tribunal galego, José María Gómez y Díaz-Castroverde, e da decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez.
Sobre esta atención, que comezará xa neste último trimestre do ano, Rueda indicou que se trata de "dar un paso máis" na atención ás vítimas, en especial ás de violencia machista. "Por obrigación legal, pero tamén por convencemento para dotar dunha xustiza de calidade", dixo.
LEI DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Tanto Rueda como o fiscal superior de Galicia explicaron que a intención é estender este servizo a outros partidos xudiciais. "É un paso máis na protección e o amparo ás vítimas", coincidiu Suanzes.
Mentres, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembrou que a Lei Integral de Violencia de Xénero xa recollía incluír a este "persoal cualificado".
Escribe o teu comentario