Aumentan un 16% as denuncias por violencia machista en Galicia

Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre un total de 1.574 denuncias, 219 máis que no mesmo período do ano anterior. 


|

Machismoniunamenos


Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre do ano un total de 1.574 denuncias por violencia de xénero, o que supón un 16,2% máis que no mesmo período do exercicio anterior, cando se presentaron 1.355.


Segundo explicou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nun comunicado, a gran maioría (1.160) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima.


Así mesmo, aumenta o número de mulleres que aparecen como vítimas, de 1.139 nos tres primeiros meses do ano pasado, ás 1.419 deste ano, o que significa unha subida do 24,6%.


O TSXG destacou que os datos publicados este martes polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero deixan ver tamén que crecen os casos de vítimas que se acollen ao dereito a non declarar. Así, se nos tres primeiros meses de 2016 optaron por esta opción 42 mulleres, no primeiro trimestre deste exercicio fixérono 90, é dicir, o 6,3%.


UNHA TAXA BAIXA


Con todo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia asegurou que Galicia "segue sendo unha das comunidades cunha taxa máis baixa de violencia de xénero do Estado, con 10,11 persoas, fronte ao 16,03 de media estatal.


Ademais, nos tres primeiros meses do ano solicitáronse 469 ordes de protección nos órganos xudiciais da Comunidade, fronte ás 370 de 2016, o que supón un incremento do 16,8%. Das 469, adoptáronse 356, o 76%. 

relacionada 27 mulleres e 5 menores foron asasinados por violencia machista en 2017
relacionada 30 mulleres aprenden defensa persoal como protección ante o machismo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE