30 mulleres aprenden defensa persoal como protección ante o machismo
Os instrutores son técnicos das forzas e corpos de seguridade, e proporcionan tamén adestramento psíquico.
A Xunta forma a 30 mulleres en técnicas de defensa persoal para ampliar os seus coñecementos de autoprotección. A formación completou a súa primeira xornada e continuará a próximo fin de semana nas instalacións da Academica Galega de Seguridade Pública (Agasp).
Este proxecto piloto, de carácter gratuíto para as participantes, ten como obxectivo proporcionar adestramento físico e psíquico, así como protocolos de actuación que permitan facer fronte a diversas situacións.
Os instrutores son técnicos en defensa persoal que forman parte das forzas e corpos de seguirdad e con coñecementos en violencia machista. Ademais, todos eles contan con ampla experiencia en formación e técnicas de intervención.
Escribe o teu comentario