O 016 recibe cada día dez chamadas de vítimas de violencia machista

Son case 1.000 denuncias no que vai de ano en Galicia. Nun de cada catro casos son a familia ou os achegados quen dá a voz de alarma.


|

Espaciolibreviolenciamachista


Dez vítimas de violencia machista recorren cada día ao teléfono 016 en Galicia. O servizo comezou a funcionar fai case dez anos. Agora, neste primeiro trimestre do ano recibiu case 1.000 chamadas desde a nosa Comunidade, segundo os datos da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.


As persoas que máis marcan o 016 son as propias vítimas de violencia machista, aínda que nun de cada catro casos son familiares ou achegados das mulleres quen dá a alerta. Fixérono en 258 ocasións durante o primeiro trimestre deste ano, fronte ás 666 chamadas das propias vítimas.


Desde que comezou a funcionar, 2016 foi o ano que máis chamadas recibiu, con máis de 4.000 nos doce meses.


As compañías telefónicas non rexistran as chamadas ao 016 nas facturas, pero o rastro segue quedando polo momento no propio teléfono. Ante esta situación, os fabricantes de móbiles comprometéronse a desenvolver un método para borrar as pegadas desas chamadas de auxilio.

relacionada Máis de 180 vítimas de violencia machista necesitan protección en Galicia
relacionada "Un condenado por maltratador machista non pode ter a custodia dos fillos"
relacionada Cinco nenos foron asasinados por violencia machista en 2017, tras confirmarse o caso de Oza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE