Terceira detención dun home nos últimos días por violencia machista

A muller tivo que ser trasladada a un piso de acollida. A súa ex parella acumula arrestos por ameazas, agresións e vulnerar a orde de afastamento.


|

Policianacionalagentesvigilancia


Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo volveron deter este domingo a A.F.A., de 49 anos de idade, por un suposto delito de violencia de xénero. Esta é a terceira vez que este home é arrestado nos últimos días e sempre polo mesmo motivo: vulnerar unha orde de afastamento e ameazar ou agredir a súa ex parella.


Segundo informaron fontes policiais, nesta última ocasión (ao mediodía do domingo), axentes do Equipo de Vixilancia e Apoio Policía (EVAP) da Policía Local, encargados de protexer a vítimas de violencia de xénero, tiveron coñecemento de que unha muller veciña da rúa Aragón estaba en situación de risco, por terceira vez no últimos tres días.


O pasado xoves A.F.A. foi detido tras vulnerar unha orde de afastamento e presentarse na vivenda da súa ex parella, á que ameazou e zarandeou. Aínda que abandonou o domicilio, volveu acudir á vivenda máis tarde e chegou a ocultarse no interior do armario dun dormitorio, tapado cunha manta, onde foi sorprendido pola Policía.


Dous días despois, a Policía volveuno deter, unha vez que o sorprenderon escondido na terraza do edificio da súa ex parella. Durante a mañá do domingo, ao ter coñecemento de que a muller fora vítima dun novo episodio de violencia de xénero, a Policía Local estableceu un dispositivo de vixilancia continua para protexela, dado que o suposto agresor fuxira.


Os axentes acompañaron en todo momento a muller, á que, dado o risco, trasladaron a un piso de acollida. Finalmente, a Policía Nacional arrestou ao home.


relacionada Pasos de peóns con mensaxes para sensibilizar contra a violencia machista
relacionada Duplícase o número de mulleres con algunha medida de protección por violencia machista
relacionada Concentracións "contra o feminicidio" tras o crime machista da Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE